Un altofalante de Harman/Kardon integrará Cortana
luns, 8 de maio do 2017
Alexa, a intelixencia artificial de Amazon, conseguiu
meterse en milleiros de fogares norteamericanos a través do altofalante Amazon
Echo, todo un éxito de vendas, de aà que Google quixese seguir
os seus pasos con Google Home, e agora sabemos que tamén o asistente
virtual de Microsoft vai unirse á festa, pero non de xeito directo, senón a
través do fabricante de altofalantes Harman/Kardon, que vén de anunciar que no
outono iniciará a comercialización de Invoke, un altofalante conectado
que integrará Cortana.
Estamos ante un altofalante case cilÃndrico fabricado con materiais premium,
que emite son en 360 graos, que non só serve para escoitar música con boa
calidade e controlar a reprodución coa voz, senón que tamén pode empregarse
para facer e recibir chamadas a través de Skype, controlar a domótica do fogar
e permitir interactuar con Cortana como pode facerse con ordenadores e
teléfonos (ou sexa, para realizarlle preguntas ou pedirlle que programe
alarmas, anote recordatorios, comprobe o estado do tráfico e, en definitiva,
nos faga a vida máis doada).
Polo momento Invoke será un
trebello orientado ao mercado estadounidense, e non detallan
nin o seu prezo de venda nin a data na que estará dispoñible.
- O altofalante de Harman/Kardon busca integrar o asistente virtual de Microsoft no fogar