Un accesorio libra de cables ao casco de HTC Vive

venres, 11 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Existe unanimidade en que un dos principais atrancos das solucións actuais de realidade virtual para PC son os cables, especialmente no caso de HTC Vive, xa que estamos ante unha tecnoloxía que permite certa liberdade de movemento, e para solucionalo veñen de sorprender en China cun accesorio oficial desenvolvido por unha compañía chamada TPCAST, que podería conectarse ao casco de Vive para poder gozar da realidade virtual sen unha diferencia perceptible fronte a realidade virtual por cable, o que permite unha experiencia moito máis satisfactoria.
Polo momento o TPCAST VIVE ten unha batería que só dura hora e media, aínda que prevén vender baterías de maior capacidade no futuro, aínda que por desgraza o produto ten un prezo bastante elevado (1.499 iuans, ou sexa, 202,36 euros ao cambio) o que non foi atranco para que as reservas en liña do accesorio se esgotasen en 18 minutos, xa que non son poucos os que queren poder ofrecer solucións de realidade virtual sen cables.

Vídeo no que podemos ver unha demostración do TPCAST VIVE

PUBLICIDADE