Un accesorio axuda a tirar proveito da conectividade USB dos dispositivos con Android

luns, 26 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Os dispositivos móbiles co sistema operativo Android poden, a partir da súa versión 3.1, acceder a numerosos dispositivos USB como memorias e accesorios (como teclados) e pensando en tirar proveito de tal prestación temos agora un adaptador de Sanwa para móbiles e tablets con Android que permite transferir imaxes, vídeos e outros ficheiros entre o noso trebello e outros dispositivos externos. Tamén integra lector de tarxetas de memoria SD e microSD e incluso un porto USB para poder conectar un teclado ou un mando de xogo.
Este dispositivo só pode achegar ata 100 mA aos dispositivos externos (ou sexa, que para alimentar un disco duro externo sen adaptador de corrente sería preciso contar cunha fonte de enerxía adicional) e o seu prezo de venda no Xapón é de 3.280 iens (29,72 euros).

PUBLICIDADE