Un Ultrabook de Acer integra unha gráfica dedicada de nVIDIA
mércores, 14 de marzo do 2012
Nos
últimos meses son moitos os portátiles lixeiros que baixo a denominación de
Ultrabook queren proporse como grandes alternativas ao MacBook Air de Apple, e agora é
nVIDIA quen destaca un, o Acer Timeline M3 Ultra, por ser o primeiro equipo
desta categorÃa en incorporar unha gráfica dedicada GeForce GT640M, o que
permitirÃa que estivese á altura dos usuarios máis esixentes, valendo incluso
para gozar de videoxogos actuais.
O Acer Timeline M3 Ultra combinarÃa con éxito os últimos procesadores Intel
Core cunha gráfica discreta coa nova arquitectura nVIDIA Kepler, o que permite
que o equipo sexa enerxeticamente eficiente, conseguindo a mellor relación
entre potencia gráfica e autonomÃa que podemos atopar no mercado.
Este equipo non só poderÃa operar ata 8 horas cun uso normal, senón que incluso
pode
contar cunha unidade óptica (algo pouco habitual nun Ultrabook) e a
posibilidade de elixir entre un disco duro hÃbrido de 500 Gb ou unha unidade
SSD de ata 256 Gb. Espérase a súa chegada ás tendas este mesmo mes.