Un 80% das persoas que teletraballan preferirÃan facelo con máis frecuencia
xoves, 5 de maio do 2022
O Observatorio Nacional de TecnoloxÃa e Sociedade (ONTSI)
publicou este 4 de maio o
informe Flash: RadiografÃa do traballo a distancia. Nel
analÃzase a evolución do teletraballo en España e céntrase en
coñecer as fendas que existen nesta modalidade laboral, asà como as
preferencias e posibilidades da sociedade española.
O 35% das persoas empregadas en España teñen dispoñibilidade para
traballar a distancia uns poucos ou todos os dÃas da semana. Esta
modalidade de traballo é ben acollida pola poboación xa que o 78,5%
dos que o poden facer piden que se lles amplÃe a catro ou máis dÃas
á semana.
Non todos os traballos permiten a modalidade a distancia, mais
arredor do 80% dos empregos da sector da información, financeiro e
comunicacións, permiten o teletraballo. Pola contra, nos sectores
primarios e secundarios hai menos labores que poidan facerse a
distancia. Tamén existe unha diferenza no que respecta ás
comunidades, sendo Ceuta, Cataluña, PaÃs Vasco e Madrid as
autonomÃas onde máis se da esta modalidade.
O salario tamén parece abrir unha fenda; os empregados e postos con
maior retribución mensual son tamén os que máis posibilidades de
teletraballo ofrecen. Das persoas que perciben menos de 1.600 euros
ao mes, só o 18,7% poden facelo; aumentan as posibilidades ata case
a metade segundo sube a franxa salarial aos 2.500 e 3.000 euros;
chegando ata o 60,6% con salarios maiores desa cifra. Por niveis de
estudos tamén existen diferenzas: só a un 24% das persoas con
bacharelato se lles permite teletraballar, reducÃndose a un 6% para
quen teñen estudos inferiores á secundaria. Nas FP o dato vai ata o
37,4%, na Universidade ao 54,4% e sobe a un 87,3% nas persoas cun
doutorado. No que respecta ás preferencias, atopamos que os fogares
monoparentais, as persoas viúvas e as mulleres divorciadas
preferirÃan aumentar o número de dÃas que teletraballan.