Ulysse Nardin anuncia móbiles de luxo con Android

mércores, 21 de abril do 2010 Marcus Fernández

Os consumidores máis elitistas buscan en ocasións produtos que destaquen nola súa elegancia e exclusividade, e pensando neste tipo de público Ulysse Nardin está a colaborar con SCI Innovations para crear un teléfono móbil híbrido de luxo que goza das prestacións habituais dun terminal de alta gama co sistema operativo Android e cun acabado único e moi rechamante.
O Ulysse Nardin Chairman ten unha pantalla capacitiva de 3,2 polgadas, teclado QWERTY virtual e teclado numérico físico, lector de pegadas dixitais para identificar ao usuario, cámara de 8 Mpíxeles, conectividade 3G, procesador Freescale i.MX, 32 Gb de almacenamento interno, múltiples aplicacións precargadas (YouTube, Google Maps, Gmail, Toogle Talk e Facebook), autonomía de ata 8 horas en conversa e 30 días en espera e un sistema para achegar corrente eléctrica adicional aproveitando a enerxía cinética mediante unha tecnoloxía propia.
O fabricante ten previsto comercializar 5 modelos deste móbil, limitando estas edicións a 1.846 terminais cada unha, aínda que sen detallar polo momento o prezo ao que sairá este produto de luxo do que xa aceptan reservas.

O acabado do Ulysse Nardin Chairman deixa claro que estamos ante un terminal de luxo

PUBLICIDADE