UltraStudio 3D permite traballar con vídeo profesional en equipos con tecnoloxía Thunderbolt

mércores, 7 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O UltraStudio 3D conta con entradas/saídas SDI e HDMI

Os profesionais do vídeo teñen agora dispoñible unha nova solución que facilita a captura e reprodución de vídeo facendo uso da tecnoloxía Thunderbolt de Intel, o que incluso facilitaría este tipo de procesos dende un dos novos portátiles de Apple. Falamos do UltraStudio 3D, un dispositivo compacto e portátil que soporta resolucións SD, HD e 2K e incluso admite 2 fluxos de vídeo en alta definición a 1.080p para poder traballar con imaxes en 3D, que véndese nos EE.UU. polo contido prezo de 995 dólares (podendo adquirirse en España por 705 euros + IVE).
Grazas á tecnoloxía Thunderbolt o UltraStudio 3D pode transmitir datos 20 veces máis rápido que o USB 2.0, de xeito que ten un ancho de banda suficiente como para capturar e reproducir vídeo RGB en resolución 2K (2.048 x 1.556 píxeles), así como fluxos de vídeo estereoscópico, integrando portos HDMI 1.4a e conexións dual HD-SDI. Tamén é compatible coas principais aplicacións de edición non lineal (Final Cut Pro, Premiere Pro, After Effects...) con soporte de efectos en tempo real, incluíndo aplicacións como Blackmagic Media Express (que permite a captura e reprodución de vídeo baixo Mac OS X) ou Alpha Keying with LiveKey (que converte o UltraStudio 3D nun sistema de inserción de gráficos en tempo real a través de SDI).

O UltraStudio 3D permite converter un MacBook Pro nunha completa estación de edición de vídeo

PUBLICIDADE