Ultimate Marvel vs. Capcom 3 chega a Xbox One
mércores, 8 de marzo do 2017
Tras pasar por Xbox 360, PlayStation Vita, PlayStation 3, PC
e PlayStation 4, chega
por fin a Xbox One o xogo de loita Ultimate
Marvel vs. Capcom 3, que ofrece a posibilidade de enfrontar a
máis de 50 personaxes dos universos Marvel e Capcom en frenéticos combates en
equipos de 3 contra 3.
Estamos ante unha edición do xogo que inclúe todos os contidos descargables que
recibiu o tÃtulo orixinal cando saÃu na súa versión para consolas da anterior
xeración, destacando tamén porque agora aproveita a potencia das novas máquinas
para conseguir que os seus gráficos Full HD poidan moverse a 60 imaxes por
segundo, conseguindo unha experiencia de xogo mellorada.
Este tÃtulo permite xogar contra a máquina ou contra un amigo en local, pero
tamén facilita o xogo en liña para entre 2 e 8 xogadores. Pode adquirirse en
formato dixital por 24,99 euros, aÃnda que é posible que conte cunha edición
limitada en formato fÃsico, que polo momento só veu a luz nos EE.UU. e
Canadá e, aparte dunha portada actualizada, tamén inclúe un cómic exclusivo de
10 páxinas no que contan a historia do xogo.
Ulitmate Marvel vs. Capcom 3 pode
verse como a despedida da franquÃa dos gráficos en 2D, xa que é posible que a
finais de ano recibamos Marvel vs.
Capcom: Infinite, xogo que está
a desenvolverse mediante Unreal Engine 4, ou sexa, que aÃnda que manterá as
mecánicas dun xogo de loita lateral, contará con gráficos tridimensionais, o
que supón un importante cambio para a saga.