Ubiquitous propón que poidamos apagar os nosos electrodomésticos vía Wi-Fi

martes, 24 de maio do 2011 Marcus Fernández

A compañía xaponesa Ubiquitous desenvolveu un curioso dispositivo chamado iRemoTap, que vén a ser un múltiple no que conectar distintos dispositivos á rede eléctrica e que destaca porque pode cortárselle o subministro de xeito remoto grazas a que conta con conectividade Wi-Fi (permitindo o seu control dende un equipo na rede doméstica ou incluso a través da Internet).
O iRemoTap tamén pode programarse para que informe por correo electrónico ou Twitter no caso de detectar que un dispositivo conectado supera un nivel de consumo predeterminado, para que poidamos decidir se apagalo remotamente.
Este dispositivo aínda está en fase de prototipo, pero é un interesante avance de cara ao aforro enerxético no fogar, supondo que o propio iRemoTap teña un consumo moi reducido que compense o seu uso para desactivar os electrodomésticos que temos no fogar.


Explicación en vídeo do funcionamento do iRemoTap

PUBLICIDADE