UMPC Asus R2E con conectividade HSDPA

venres, 28 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro mes de outubro Asus comezará a comercializar en Europa o seu novo ordenador ultra-portátil R2E, que incorporará un procesador Celeron a 900 MHz, 1 Gb de memoria DDR2-400, 80 Gb de disco duro, GPS, cámara web de 1,3 Mpíxeles, unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, Bluetooth e Wi-Fi, destacando especialmente por contar tamén con conectividade HSDPA, de xeito que xa se pode subir ó carro da banda larga móbil.
O UMPC Asus R2E só pesa 800 gramos e venderase a 1.119 euros, e pese ó seu reducido tamaño, non prescinde de opcións multimedia, xa que se pode completar cunha sintonizadora de televisión por USB 2.0, un teclado USB externo ou unha gravadora de DVD, que Asus tamén comercializa.

PUBLICIDADE