Twitter permite definir quen pode responder aos nosos chíos

martes, 11 de agosto do 2020 Marcus Fernández

A primeiros de ano Twitter desvelou no marco do CES de Las Vegas que estaban a probar a posibilidade de permitir que os seus usuarios decidan quen poder participar nas súas conversas, facendo así de Twitter un espazo máis seguro, e finalmente hoxe inician a activación desta funcionalidade a todos os seus usuarios.
A partires de agora cando compoñemos un chío podemos elixir quen pode respondelo, contando con 3 opcións: todos, persoas que segues; e só persoas que mencionas. Deste xeito as conversas en Twitter poden limitarse bastante, o que agradecerán os que simplemente queren deixar unha mensaxe pero non buscan unha conversa á que poidan unirse persoas cunha aptitude tóxica.
Os chíos publicados, independentemente do tipo de resposta que estea autorizada polo creador, poderán verse, rechouchiarse, rechouchiarse con comentario, compartirse e marcarse cun gústame, ou sexa, que segue a ser posible a interación cos chíos máis restrinxidos, pero facilítase un contorno máis protexido ante abusos e spam, como demostrouse nas probas desta funcionalidade, que confirmou que os usuarios que máis limitaban as respostas eran os que reportaban máis abusos e, durante o uso desta característica tamén reduciron o uso das funcións de silenciar e bloquear, ou sexa, que cunha medida suave conseguen mellorar a experiencia de uso de Twitter, o que tradúcese normalmente nun maior uso da plataforma.

PUBLICIDADE