Twitter mellora a súa aplicación para iPad
xoves, 19 de decembro do 2019
En 2010 Twitter
estreaba aplicación oficial para iPad, converténdose nun dos clientes de
Twitter máis orixinais e prácticos ao contar cunha interface de uso baseada en
paneis deslizantes que abrÃa novas mecánicas de uso e aproveitaba o espazo en
pantalla. Pero un
par de anos máis tarde optaron por unha unificación das interfaces para
dispositivos móbiles de Twitter, ou sexa, que o Twitter para iPad deu un xigante
paso atrás, converténdose basicamente nunha versión xigante da aplicación para
móbiles.
Nas últimas horas Twitter está a recibir unha nova versión da súa aplicación
para iPad, que volverÃa
aproveitar o espazo da pantalla, xa que contarÃa cun deseño de até 3
columnas diferentes, de xeito que en pantallas grandes temos máis información,
en vez de contar cunha pantalla con grandes espazos en branco ao lados.
Este novo deseño de Twitter para iPad está a activarse entre os usuarios de
xeito progresivo, e traslada o menú da aplicación a un lateral, cos contidos
principais no centro da pantalla, e no lateral dereito, en vez dun espazo en
branco preséntase información sobre tendencias ou relativa a onde nos atopemos
dentro de aplicación.
Estamos ante un cambio que non supón un importante cambio a nivel funcional,
polo que poderiamos velo como un simple achegamento á versión web do servizo, pero
non cabe dúbida en que estamos ante unha mellora dunha aplicación moi criticada,
por non estar adaptada ao tamaño de pantalla do dispositivo no que corre.