Twitter está a probar unha función de publicación de textos longos

xoves, 23 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Dende Twitter están a probar unha nova ferramenta para narrar dentro da súa plataformasocial, os Textos, unha ferramenta de redacción que permite aos escritores crear historias e outros contidos de formato longo cos que poderán interactuar os seus seareiros.
Os Textos están actualmente en probas entre un grupo reducido de usuarios, e son o equivalente a unha entrada dun blog, que compártese en Twitter a través de tarxetas de vista previa, que ao premer sobre as mesmas poden lerse directamente dentro da plataforma, polo que podemos considerar que estamos ante unha funcionalidade cun dobre obxectivo: reter aos usuarios en Twitter e captar contidos que normalmente publicaríanse en plataformas alleas.
Os textos teñen un límite de 100 caracteres no título e 2.500 palabras no corpo, podendo incluírse nas publicacións texto enriquecido, imaxes e chíos.

PUBLICIDADE