Trump suspende a prohibición de TikTok durante 75 dÃas
luns, 20 de xaneiro do 2025
Tras a entrada en vigor da prohibición de TikTok nos EE.UU. e as declaracións de Trump asegurando que concederÃa unha prórroga a ByteDance para solucionar a polémica situación, algunhas compañÃas ousaron retirar algunhas das restricións a TikTok (expoñéndose a sancións millonarias), aÃnda que finalmente o conflito entra nunha fase de calma, xa que tras a súa toma de posesión o presidente Trump ordenou ao Fiscal Xeral que non aplique a prohibición de TikTok vixente dende o domingo, dando un perÃodo de 75 dÃas para que a nova Administración busque unha solución.
Durante este prazo de 75 dÃas o presidente tamén insta ao Departamento de Xustiza a non tomar accións nin impor sancións en caso de que se incumpra a lei que se fixo efectiva hai poucas horas, detallando que tampouco se deberÃan aplicar sancións polo acontecido durante as últimas horas.
Queda agora nas mans da nova Administración decidir como operar para equilibrar a ameaza para a seguridade nacional que supón presumiblemente TikTok e os dereitos de millóns de estadounidenses que empregan a plataforma social de ByteDance para comunicarse e mesmo para facer negocio, polo que un peche da plataforma pode provocar grandes danos a milleiros de estadounidenses.