Triste adeus a un referente do fenómeno blog
venres, 24 de marzo do 2023- Nacho de la Fuente nos Premios 20Blogs de 2019
A comunidade
xornalÃstica galega está a amosar o seu pesar nas últimas horas polo pasamento
de todo un referente que chegou a brillar a nivel internacional durante a emerxencia
do fenómeno blog, Nacho de la Fuente, quen non
logrou superar un paro cardÃaco.
Nacho de la Fuente, co seu blog La
Huella Digital, converteuse en todo un exemplo a seguir no ano 2006, cando o
seu traballo foi
recoñecido como o mellor blog en español dentro dos premios Best of the Blogs
organizados pola Deutsche Welle entre os anos 2004 e 2012; repetindo éxito
na edición de 2019 dos Premios 20Blogs, onde recibiu o
premio na categorÃa de actualidade.
Nos seguintes anos puidémolo ver en numerosos eventos sobre xornalismo na
Internet e redes sociais, como iRedes, #INLUGO ou NeThinking,
cando xa ocupaba o cargo de community manager do xornal La Voz de
Galicia, responsabilidade que ostentarÃa até finais de 2018. Dende aquela retomou
a súa actividade como redactor do xornal nas áreas de Nacional e Internacional,
formando tamén parte do equipo especial que informou sobre a pandemia durante
meses.