Trial Xtreme 3 estréase de balde en Windows Phone

luns, 13 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Finalmente a popular franquía de xogos de Trial Xtreme chega a Windows Phone 8 con Trial Xtreme 3, título que pode descargarse de balde ofrecendo 32 niveis a xeito de proba dun total de 112 (que poderán desbloquearse mediante pagamento) repartidos en 6 mundos e con centos de novos obstáculos.
Este xogo de trial permítenos superar complicados niveis controlando a velocidade e a inclinación da nosa moto para superar obstáculos e manterse sobre o vehículo mentres realizamos saltos de impresión. Podemos xogar tanto de xeito individual como en modo competitivo, personalizar o noso piloto e vehículo e elixir o modo de control (que pode ser mediante botóns virtuais ou inclinando o noso móbil). Como nas plataformas móbiles nas que este xogo estaba dispoñible, en Windows Phone tamén presenta uns gráficos de grande calidade.

En Trial Xtreme 3 hai que superar complicados niveis realizando impresionantes acrobacias


Trailer do xogo

PUBLICIDADE