TouchSmart, o novo todo-en-un de HP

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

HP vén de sorprender ao mercado introducindo un novo ordenador todo-en-un con pantalla táctil. Trátase da serie TouchSmart que comeza polo modelo HP TouchSmart IQ504 PC, que conta cun procesador Core 2 Duo T5750 a 2 GHz, 4 Gb de RAM, disco duro de 320 Gb a 7.200 rpm, gravadora de DVD, tarxeta gráfica Intel X3100 con 128 Mb de memoria dedicada, Bluetooth, Wi-Fi, altofalantes, lector de tarxetas de memoria, 5 portos USB, entrada e saída de audio, webcam e unha pantalla táctil de 22 polgadas; mentres que o modelo IQ506 PC inclúe un sintonizador de televisión; custando estes equipos 1.299 (844,35€) e 1.499 dólares (974,35€) respectivamente.
Os equipos HP TouchSmart achegan unha nova experiencia de uso centrada na súa pantalla táctil, que serve para ver fotografías, reproducir vídeos e moitas outras funcións de lecer dixital.
O uso dos novos equipos de HP lembra ao do iPhone, pois cos dedos se poden explorar os contidos do ordenador e acceder aos mesmos, converténdose nunha revolución para os equipos domésticos, aínda que o seu prezo pode ser un atranco para que chegue aos fogares.


Vídeo promocional de HP TouchSmart

PUBLICIDADE