Toshiba quere recuperar o concepto do Microsoft Courier
mércores, 23 de xuño do 2010
Toshiba está a preparar o que
consideran que é o primeiro dispositivo con dobre pantalla táctil que correo
Windows 7, o Toshiba
Libretto W100, que ten dúas pantallas de 7 polgadas (cunha resolución de
1024 x 600 pÃxeles cada cunha) que poden colocarse coma se fose un portátil
estándar (utilizando unha das súas pantallas coma teclado virtual) e que tamén
poderÃa xirarse 90 graos para utilizarse a xeito de libro, o que supón a
recuperación do concepto do Microsoft Courier.
Este ordenador ultraportátil funcionarÃa cun procesador Intel Pentium U5400 a
1,2 GHz, 2 Gb de RAM, 62 Gb de almacenamento na súa unidade SSD ampliable
mediante tarxetas microSD, cámara web de 1 MpÃxel, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, USB
2.0, baterÃa de 8 celas (para unha autonomÃa de 3,5 horas), unhas dimensións de
202 x 123 x 30,7 milÃmetros e un peso de 819 gramos, que polo momento só é un
proxecto, do que están a estudar a súa viabilidade económica, posto que outros
prototipos semellantes situaban o seu prezo no milleiro de euros, o que resulta
claramente excesivo para un ultraportátil, e terÃao moi difÃcil para competir
con dispositivos semellantes coma os tablets.
VÃdeo no que amosan as caracterÃsticas do Toshiba Libretto W100