Toshiba presentou un picoproxector no IFA

mércores, 3 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Durante a feira berlinesa IFA Toshiba presentou un videoproxector de peto con iluminación LED que mide 10 x 4,5 x 1,7 centímetros e pase 100 gramos, polo que se podería comparar en dimensións e peso con moitos móbiles do mercado.
O Toshiba LED Pico Projector ten unha luminosidade de 10 lumens, o que é bastante pouco para contornos iluminados, pero serve para lugares escuros. Non está claro aínda a qué público irían dirixidos estes produtos, nin se compensará a súa integración en dispositivos portátiles (coma móbiles, ordenadores portátiles e PDA, dos que xa hai prototipos con tecnoloxía de picoproxección) pero podería abrir moitas posibilidades para profesionais da formación e comerciais, que poderían facer presentacións en lugares que non estivesen dotados cun videoproxector (chegando en moitas situación unha parede branca para presentar as imaxes a grande tamaño).

PUBLICIDADE