Toshiba presenta un portátil convertible con pantalla de 12,5" de ultra alta definición

mércores, 2 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Toshiba presentou hoxe o seu novo Satellite Radius 12, un ordenador portátil compacto 2-en-1 deseñado para ter un magnífico rendemento que destaca por ser o primeiro do mercado en incorpora unha pantalla de 12,5 polgadas de ultra alta definición, e que verá a luz no último trimestre do ano a un prezo aínda non anunciado (que previsiblemente será bastante elevado dadas as grandes prestacións do equipo).
O Toshiba Satellite Radius 12 será un potente ordenador con pantalla táctil IPS cunha resolucíon de 3.840 x 2.160 píxeles (equivalente a 4 pantallas Full HD), cun procesador Intel Core de 6ª xeración, cámara de infravermellos integrada para facilitar o recoñecemento do usuario mediante o recoñecemento facial (Windows Hello), un peso de 1,3 quilogramos un grosor de centímetro e medio, cunha carcasa de aluminio resistente para protexer o equipo o uso diario (ao que tamén contribúe o recubrimento Gorilla Glass NBT da súa pantalla) e, en definitiva, un conxunto de especificacións que convencerán aos que busquen consumir contidos dixitais coa mellor calidade posible que pode ofrecen un dispositivo doado de transportar.

PUBLICIDADE