Toshiba presenta novos pico-proxectores
venres, 3 de setembro do 2010- Os pico proxectores de Toshiba son altamente transportables
As grandes
pantallas LCD están a facer que os proxectores de vÃdeo perdesen moito mercado
no ámbito doméstico, mentres que en mobilidade están a emerxer os
pico-proxectores, que cun tamaño semellante ao dun teléfono móbil, permiten a
proxección de imaxes de grande tamaño para realizar presentacións ou para
reproducir contidos multimedia.
Nesta liña de produtos Toshiba presentou no IFA de BerlÃn o seu novo LUMINEO
P100, que incorpora unha lámpada LED de baixo consumo, un peso reducido e
unha baterÃa cunha autonomÃa de ata 80 minutos, o que agradecerán os
profesionais/axentes comerciais. Este
proxector é capaz de xerar unha imaxe de entre 8 e 60 polgadas a distancias
de entre 20 e 152 centÃmetros, cunha resolución de só 640 x 480 pÃxeles e con
só 14 lúmenes, podendo achegar os contidos a través dun conector VGA. Mide 116
x 50 x 18 milÃmetros e pesa 145 gramos.
Pero os usuarios máis esixentes poden optar polo proxector
LUMINEO M200, que co mesmo peso e un tamaño un pouco maior, conta tamén con
2 Gb de memoria interna e lector de tarxetas microSD, medios dende os que
acceder a contidos coma fotografÃas (JPEG e BMP), música (MP3 e WMA), vÃdeo
(MPEG-4 AVC/H.264, WMV e DivX) e mesmo documentos de Word, PowerPoint, Excel e
PDF, obviando a necesidade dun ordenador para achegar o material que queremos
presentar.
Ambos proxectores chegarán ao mercado no último trimestre do ano.
- Os pico proxectores son especialmente atractivos para realizar presentacións profesionais en mobilidade