Toshiba leva os discos duros de 1,8 polgadas ata os 160 Gb de capacidade

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Toshiba vén de presentar unha nova liña de discos duros de 1,8 polgadas cunha capacidade de ata 160 Gb nun único prato e cun grosor de só 5 milímetros, o que a fai ideal para os reprodutores multimedia portátiles de nova xeración, cámaras de vídeo e outros trebellos electrónicos.
Estes discos están etiquetado coma MK1634GAL, son moi silenciosos, están equipados con interface PATA e xiran a 4.200 revolucións por minuto. Tamén integran melloras de eficiencia enerxética reducindo o consumo un 24% con respecto da anterior xeración de discos deste tipo, e as capacidades dispoñibles a partir de setembro serán 60, 80, 120 e 160 Gb.

PUBLICIDADE