Toshiba lanzará tarxetas SD de 8 Gb en xaneiro
martes, 21 de novembro do 2006
Toshiba anunciou que dará un novo paso adiante na capacidade das súas tarxetas de memoria SD, xa que dende xaneiro de 2007 venderán unidades con 8 Gb de capacidade, que soportarán a especificación de escritura de alta velocidade class 4 e poderán gravar datos a 6 Mb/seg. polo que serÃa unha solución axeitada para aplicacións como a gravación de vÃdeo.
Deste xeito, empregando cámaras como a Panasonic HDC-SD1 poderÃa gravar ata 3 horas de alta definición na nova tarxeta de memoria de Toshiba, o que serÃa un importante avance para as aplicación do vÃdeo dixital.
As novas tarxetas se venderán no mercado nipón a preto de 40.000 iens (uns 264,46 euros) aÃnda que o prezo no mercado europeo aÃnda non se anunciou.