Toshiba incorpora batería nun dos seus televisores

xoves, 16 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Toshiba vén de anunciar o seu novo televisor REGZA 19P2, que cun panel de 19 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, retroiluminación LED, unha relación de contraste de 1.000:1, un porto HDMI, unhas medidas de 45,4 x 20,4 x 34,2 centímetros e 5 quilogramos de peso, destaca por unha curiosa prestación: pode funcionar cunha batería que permítelle operar ata 3 horas sen conectar á corrente eléctrica.
Co seu mando a distancia incluso é posible conmutar entre o modo de funcionamento a corrente e con batería, e mesmo pode programarse para que a carga da batería teña lugar no horario de tarifa nocturna, polo que estas funcionalidades poderían servir tanto para levar o televisor esporadicamente a un lugar no que non hai unha toma de corrente dispoñible como para aforrar enerxía (aspecto especialmente coidado por este televisor).
O prezo de venda do Toshiba REGZA 19P2 é de 50.000 iens (436,50 euros).

O televisor pode funcionar con baterías recargables semellantes ás dos ordenadores portátiles

PUBLICIDADE