Toshiba estreará tablet con Android 3.1 no verán

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Despois dunha longa espera, moitos grandes fabricantes comezan a concretar a súa aposta polos tablets para plantar cara a Apple, e Toshiba vén de abrir nos EE.UU. o proceso de reserva do seu Thrive, un tablet con pantalla LED multi-táctil de 10,1 polgadas que funciona co sistema operativo Android 3.1, procesador de dobre núcleo nVIDIA Tegra 2 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, Wi-Fi N, Bluetooth, ten cámara frontal e traseira, 1 porto USB 2.0, un porto mini USB, saída HDMI e un lector de tarxetas SD.
O Toshiba Thrive venderase en capacidades de 8, 16 e 32 Gb a 429,99, 479,99 e 579,99 dólares respectivamente, a súa carcasa traseira facilita o seu agarre e pode substituírse por outras de distintas cores, soporta Flash, integra GPS e contará con accesorios como stylus, teclado externo e mesmo bases que facilita o uso do tablet para ver películas ou para utilizar o tablet como se fose un ordenador completo.
Este tablet comezará a chegar aos seus usuarios finais a mediados do mes de xullo.

PUBLICIDADE