Toshiba comercializará no Xapón o primeiro móbil con Windows Phone 7 Mango
mércores, 27 de xullo do 2011- A xente de Engadget puido probar o Toshiba IS12T
O Windows Phone 7 Mango pretende facerse
un nome no último trimestre do ano, especialmente coa chegada dos primeiros teléfonos
de Nokia co sistema operativo móbil de Microsoft (que vén de completar o desenvolvemento da súa última versión), pero parece que Fujitsu e
Toshiba van a adiantarse á compañÃa finlandesa, e anuncia que en
setembro van a comercializar o móbil IS12T, que non só virá co novo Windows
Phone 7, senón que tamén destaca por ser resistente á auga (IPX5) e a golpes e
contar cunha cámara de 13,2 MpÃxeles. O terminal funciona cun procesador
Qualcomm Snapdragon MSM8655 a 1 GHz, 32 Gb de almacenamento interno e unha
pantalla táctil de 3,7 polgadas, Bluetooth 2.1 e Wi-Fi N, comercializándose en
cores rechamantes (rosa, lima e negro).
É de agardar que este terminal non chegue a Europa (outros terminais avanzados
de Toshiba continúan inéditos en occidente), pero parece que outros fabricantes
como HTC poderÃan adiantarse tamén a Nokia na comercialización de móbiles con
Windows Phone 7 Mango, sistema
operativo que finalmente incorpora multitarefa, navegador web con soporte de
HTML5, navegación GPS guiada por voz, recoñecemento de voz para o envÃo de
mensaxes de texto e outras caracterÃsticas que o distancia enormemente da
primeira versión do S.O.
O novo terminal visto en vÃdeo