Toshiba anuncia un tablet con Windows 7

martes, 13 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A principal vantaxe dos tablets con Windows 7 sería o seu uso como equipos completos (especialmente para labores ofimáticas).

Resulta un tanto sorprendente que no Xapón continúen a comercializar dispositivos tipo tablet co sistema operativo Windows 7, algo que en Europa non é nada habitual, e dentro desta proliferación de equipos co sistema operativo de Microsoft temos agora o novo Toshiba WT301/D, un tablet con pantalla TFT de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Atom de nova xeración, 2 Gb de RAM, 64 Gb de SSD, Bluetooth 3.0, Wi-Fi N, USB, microHDMI, cámarsa de 1,3 e 0,3 Mpíxeles, altofalantes estéreo, sistema operativo Windows 7 Profesional de 32 bits e a versión doméstica do Microsoft Office pre instalada. Unha interesante suma de características que chegarán nun único produto o mes que vén a un prezo por determinar, e que alimentan a posibilidade de que, ao igual que é posible fabricar un tablet con Windows 7, os tablets con Windows 8 serán uns equipos moi atractivos.

O equipo ten un deseño coidado, e conta con cámaras frontal e traseira

PUBLICIDADE