Torchlight estrea versión para Xbox 360
mércores, 9 de marzo do 2011
O videoxogo Torchlight conseguiu moita sona na súa versión para ordenadores
persoais como un RPG de acción no máis
puro estilo da saga Diablo (da que
bebe directamente), e que hoxe estréase
no Bazar de Xbox LIVE Arcade cunha demo de balde e o xogo completo para
Xbox 360 por 1.200 puntos de Microsoft (14,4 euros).
No xogo poderemos elixir entre 3 clases de personaxe e abandonar a seguridade
da cidade de Torchlight para introducirse en niveis de alxubes xerados
aleatoriamente, nos que atoparemos multitude de monstros, botÃns e buscas que
completar. Amais, unha vez rematado o xogo principal poderemos desbloquear un alxube infinito, o que garante moitas
horas de diversión neste tÃtulo de Runic Games e Microsoft Game Studios.
- Torchlight é un RPG de acción que toma moitos elementos de xogos como Diablo