Tobii amosa no CeBIT un portátil controlable coa mirada
martes, 1 de marzo do 2011
Estes dÃas na
feira tecnolóxica CeBIT de Hannover pode verse un prototipo
de portátil desenvolvido por Tobii Technology en colaboración con Lenovo,
que permite amosar o estado actual da tecnoloxÃa se seguimento dos ollos nun
produto de consumo. A tecnoloxÃa de Tobii pretende que os usuarios poidan
interactuar con equipos informáticos empregando a mirada, o que consideran que
é un método de control máis natural que o rato ou o teclado.
Este novo sistema de control non só poderÃa ampliar a información dunha icona
ou un gadget se fixamos a nosa mirada
no mesmo, senón que tamén poderÃa axustar o brillo da pantalla segundo
detectase a nosa presenza mirando á pantalla (o que poderÃa supor un importante
aforro de enerxÃa) e incluso poderÃa servir para que o cambio entre fiestras
abertas puidese realizarse cos ollos, no que poderiamos entender como un paso
máis na dirección de Kinect, aÃnda que poderiamos ter que agardar un par de
anos para poder ver avances semellantes en produtos de consumo masivo.