Titanfall sae á venda en EE.UU.
martes, 11 de marzo do 2014
Podemos dicir que hoxe retómase a guerra entre as consolas
de nova xeración, pois aÃnda que tras a campaña de Nadal a grande vencedora
resultase a PlayStation 4, ningunha das novas consolas contaba con xogos de
peso no seu catálogo que puidésemos considerar como bos exemplos do que será
unha experiencia de xogo de nova xeración, pero agora sae á venda a primeira
grande exclusiva desta xeración, Titanfall, que pode xa adquirirse nos EE.UU. para Xbox One e
PC (a versión para Xbox 360 sairá máis adiante) e que promete
consolidarse como o FPS do ano pese a non estar presente nas consolas de Sony.
Este novo tÃtulo de Respawn Entertainment (estudo formado polos principais
responsables de Call of Duty: Modern
Warfare) non só destaca por ofrecer unha acción trepidante na que os
soldados a pé poden facer impresionantes acrobacias propias do parkour e incorporar titáns (unha
especie de tanques-robot moi populares nas ficcións nipoas), senón que tamén é
rechamante pola súa aposta pola nube, xa que boa parte dos procesos do xogo (como
as intelixencias artificiais) non se executan na consola, senón nos servidores
Azure de Microsoft, o que permite unha excelente resposta en boa parte do
mundo, descargando a máquina local de certos procesos para poder ofrecer unha
experiencia multi-xogador moito máis rica, e que poderÃa revolucionar o xeito
de entender o xogo en liña. Unha decidida aposta de Microsoft que só é posible
grazas a unha completa rede de servidores distribuÃdos polo planeta, que
incluso procurarán balancear a súa carga para evitar os colapsos que
posiblemente cheguen a producirse nos vindeiros dÃas dada a previsible avalancha
de xogadores que quererán xogar simultaneamente a Titanfall durante os vindeiros dÃas.
Este agardado xogo chegará ás tendas españolas o vindeiro dÃa 13.
Anuncio televisivo de Titanfall