Threads abriu as súas portas anticipadamente
xoves, 6 de xullo do 2023
AÃnda que estaba previsto
que a alternativa a Twitter de Instagram vese a luz esta mesma tarde nos
EE.UU., finalmente decidiron adiantar o lanzamento e a pasada noite abriuse ao
público Threads, unha nova aplicación social baseada no texto, que emprega as
contas de usuario de Instagram como base para o seu funcionamento, e que só tardou 7 horas en acumular 10
millóns de altas, no que semella unha reacción directa dos lÃmites
establecidos en Twitter durante a pasada fin de semana (que deron a impresión
de que a plataforma de Elon Musk ten serios problemas para sobrevivir).
Threads está orientada ás novidades, ás actualizacións en tempo real e ás
conversas públicas, polo que pode complementar a Instagram e Facebook, que funcionan
dun xeito máis relaxado, aÃnda que polo momento o novo servizo ten limitacións
que dificultan que poida substituÃr a Twitter dun dÃa para outro (como o feito
de carecer de cancelos ou non permitir visualizar as publicacións só das
persoas ás que sigamos).
Actualmente Threads permite publicacións de até 500 caracteres de longo
adxuntando ligazóns, fotografÃas e vÃdeos de até 5 minutos de duración, contando
tamén cun botón que facilita compartir as publicacións nunha historia de
Instagram ou como ligazón noutra plataforma.
Threads xa conta con ferramentas para evitar a toxicidade dende o seu inicio, e
cómpre salientar que promete ser compatible con ActivityPub, o protocolo co que
opera Mastodon (e co que tamén pretende operar Tumblr) dando a entender que a
interacción entre plataformas sociais será máis orgánico no futuro.
Cómpre salientar que aÃnda que Threads están a espallarse por máis de 100 paÃses,
descoñécese cando verá a luz en Europa (pois teñen que ofrecer certas garantÃas
de cara á protección de datos). Un detalle que dá a entender que o tratamento
que fan dos datos pode ser problemático é que actualmente se te das de
alta en Threads e logo queres darte de baixa precisas borrar completamente a
túa conta de Instagram, o que non parece razoable.
AÃnda que a aplicación non está dispoñible oficialmente en Europa, é posible
descargala e instalala e usala, aÃnda que para darse de alta é preciso facelo
dende un enderezo IP nun paÃs no que a aplicación está dispoñible oficialmente.