ThinkGeek pon á venda réplicas dos mandos de consolas clásicas para usar no ordenador

xoves, 20 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Dende esta semana os seareiros a recuperar videoxogos clásicos mediante emuladores no seu ordenador teñen unha nova opción para dar un maior realismo á súa experiencia retro, pois a tenda en liña ThinkGeek incorporou ao seu catálogo unha colección de mandos USB con prezos de entre 14,99 e 19,99 dólares (10,85 e 14,46 euros respectivamente) que presentan a aparencia externa dos mandos de consolas Atari, Gamecube, Mega Drive, Nintendo, Super Nintendo e Nintendo 64, sendo todos compatibles con Windows e OS X sen precisar de controladores específicos.
Estes mandos permiten que poidamos sentir os emuladores de consolas clásicas como se estivemos xogando ás máquinas orixinais, xa que o tacto dos mandos mantense, facendo que a sensación de premer os botóns de disparo ou a cruceta de control sexa case idéntica. Os botóns son configurables e, para que estes mandos sexan cómodos, o seu cable é de grandes dimensións (1,8 metros).

Os novos mandos permiten trasladar a experiencia de uso dos accesorios clásicos

PUBLICIDADE