Thief 3 destaca entre os xogos que recibirán os usuarios Gold de Xbox en decembro
martes, 24 de novembro do 2015
Microsoft desvelou hoxe os xogos
que recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE durante o mes de decembro,
o que é unha nova especialmente boa para os xogadores de Xbox One, xa que non
só poderán gozar de 2 tÃtulos para a súa consola, senón que tamén poderán
instalar 3 xogos de Xbox 360 grazas á incorporación da retrocompatibilidade á
Nova Experiencia Xbox One, de xeito que a nova consola de Microsoft despide o
ano por todo o alto.
Durante todo o mes de decembro o xogo para Xbox One que estará dispoñible é
unha estrea para Xbox One, The
Incredible Adventures of Van Helsing, un xogo de rol que combina
combate, desenvolvemento de personaxes, unha historia profunda e acción mortal
e estarÃa valorado en 14,99 euros. A partires do dÃa 16 o xogo de Xbox One que
estará dispoñible é todo un clásico moderno, Thief,
que é o reboot dunha franquÃa en
acción-infiltración moi recoñecida. Este xogo no que encarnaremos ao mestre dos
ladróns está valorado en 29,99 euros.
Os xogos de Xbox 360 que recibirán os usuarios Gold serán, durante o primeiro
trimestre de decembro, o tower defense
que enfronta a cabaleiros e viquingos CastleStorm
(valorado en 9,49 euros); mentres que no segundo trimestre, de xeito
excepcional, ofrécense dous xogos: o hack-n-slash
arcade Sacred
3 (valorado en 19,99 euros) e o xogo bélico Operation
Flashpoint: Dragon Rising (valorado en 9,99 euros).
Games with Gold é a porta de entrada de The Incredible Adventures of Van Helsing na Xbox One