The Witcher 2 chegará en maio cunha impresionante edicion para coleccionistas

mércores, 17 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de rol para PC estarán encantados de coñecer que The Witcher 2: Assassins of Kings do estudo polaco CD Projekt RED, xa ten data de lanzamento, fixada para o vindeiro 17 de maio, prometendo dar máis detalles sobre este prometedor título durante esta semana nun evento chamado CD Projekt Conference. Pero o que xa sabemos agora é que este título terá unha edición para coleccionistas realmente espectacular, que incluirá un DVD cun documental sobre a creación do xogo, a banda sonora oficial, un mapa do mundo de The Witcher, un libro de arte, uns dados, moedas, 3 adhesivos, un xogo de cartas, un libro de regras, recortables de 2 personaxes do xogo, contido descargable exclusivo e incluso unha escultura de Geralt, de aí que o prezo ascenda a 129,99 dólares, polo que só parece apto para incondicionais desta saga de xogos.

PUBLICIDADE