The Walking Dead xa está dispoñible para PC, Mac e PS3

mércores, 25 de abril do 2012 Marcus Fernández

O xogo baseado no cómic de Robert Kirkman (adaptado con grande éxito para a televisión), The Walking Dead, xa é unha realidade, permitindo ao usuario meterse na pel de Lee Everett, un criminal convicto que terá unha segunda oportunidade nun mundo devastado polos mortos viventes nunha historia que repartirase en 5 entregas que irán chegando ao mercado paulatinamente.
O primeiro episodio de The Walking Dead chegou a ordenadores con Windows e Mac OS X onte, chegando hoxe á PlayStation 3 por un prezo de 4,99 euros (ou 19,99 euros polos 5 episodios que formarán a tempada), e agardándose o seu lanzamento para Xbox 360 o vindeiro venres.
Este título de Telltale Games encaixa perfectamente cunha estrutura narrativa seriada, de xeito que a súa experiencia aseméllase á de ver a serie de televisión baseada nesta mesma franquía, destacando especialmente por tomar un ton moito máis escuro do que nos teñen afeitos dende o seu estudo de desenvolvemento, responsable de títulos como o xogo de Regreso Al Futuro, Sam & Max ou Tales of Monkey Island.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE