The Walking Dead contará cun novo xogo esta semana

mércores, 20 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O xogo baseado no universo de The Walking Dead que saíu o ano pasado para numerosas plataformas conseguiu gañar moitos premios, estando considerado como unha das grandes sorpresas de 2012, é aínda que espérase que esta aventura gráfica teña unha segunda tempada este ano, dende Activision non quixeron deixar pasar a oportunidade de explotar o éxito da serie televisiva baseada no cómic de Robert Kirkman, e porá á venda o vindeiro venres The Walking Dead: Survival Instinct, un xogo de acción e supervivencia en primeira persoa, que fuxe totalmente do ritmo do xogo de Telltale Games para meternos na pel de Daryl Dixon (interpretado na pequena pantalla por Norman Reedus) que irá acompañado polo seu irmán Merle (Michael Rooker).
Este novo xogo estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3, Wii U e PC a un prezo aproximado de 59,99 euros, podendo adquirirse tanto en formato físico como nas principais tendas de descargas, pero aínda que a franquía na que se apoia teña sona e os antecedentes no mundo do videoxogo sexan bos, parece que non vaiamos a ter un título digno da mesma, recibindo xa críticas moi negativas por parte de medios como Kotaku ou Polygon, que deixan claro que é un dos peores xogos do xénero que podemos atopar actualmente.


Trailer de lanzamento do xogo

JPEG - 97.9 KB
O personaxe da serie de televisión, Daryl, será o protagonista deste xogo de acción en primeira persoa
JPEG - 77.2 KB
No xogo non faltará Merle, o irmán de Daryl

PUBLICIDADE