The Secret of Monkey Island volverá por partida dobre
martes, 2 de xuño do 2009- Os gráficos de The Secret of Monkey Island adaptáronse á alta definición no seu remake
A aventura
gráfica The Secret of Monkey Island que
Lucasfilms Games lanzara para Atari ST, Mac e PC en 1990 terá este verán unha Special Edition
para Xbox 360 e PC, que será un
remake da primeira entrega da saga
protagonizada por Guybrush Treepwood, que agora contará con gráficos en alta
resolución, voces e nova banda sonora, conservando exactamente a mecánica do
xogo orixinal e incluso permitindo visualizar
o xogo con gráficos retro
(algo que están a facer outros tÃtulos semellantes que podemos adquirir no
Bazar de Xbox LIVE para satisfacer aos máis nostálxicos). A versión para Xbox
360 deste xogo simplificará o sistema de control para adaptalo ao mando da
consola.
Pero este non será o único tÃtulo inspirado neste universo de piratas aderezado
con moito humor, senón que Telltale Games está a traballar en Tales of Monkey Island,
un xogo para PC e WiiWare que terá 5 entregas episódicas (coma tamén fan cos
xogos de Sam & Max) e comezarán
a publicarse o 7 de xullo.
Comparación de gráficos entre o xogo orixinal e o seu remake
Reportaxe sobre o remake de Monkey Island publicado en Gamespot
Trailer de Tales of Monkey Island