The Saboteur estréase con polémica
venres, 11 de decembro do 2009- Os usuarios que teñan o xogo orixinal poderán desbloquealo para ver ás cabareteiras espidas
O último xogo de EA e Pandemic está a dar moito que falar nos últimos dÃas por dúas polémicas de distinto carácter, pois inicialmente anunciaron que coma medida anti-piraterÃa The Saboteur inclúe na súa caixa un código non reutilizable para a descarga dunha ampliación do xogo que fai que as cabareteiras que aparecen no tÃtulo ambientado no ParÃs da Segunda Guerra Mundial preséntense en pantalla espidas, mentres que os usuarios que pirateen o xogo ou o aluguen deberán pagar 240 puntos (2,8 euros) para acceder a tal contido adicional. Pero esta anécdota está a verse eclipsada polo feito de que detectaron que a versión para PC do xogo presenta un serio fallo que impide o seu funcionamento en equipos con tarxetas gráficas ATI Radeon 3000, 4000 e 5000, o que afectarÃa a un grupo importantÃsimo de usuarios, o que solucionarán cun parche en breve (segundo anuncian dende EA), aÃnda que resulta inxustificable que o xogo non funcione cun rango de tarxetas gráficas de uso maioritario (máis da cuarta parte dos PC empregan gráficas de ATI).