The Legend of Zelda cumpre 25 anos
luns, 21 de febreiro do 2011- The Legend of Zelda chegou hai 25 anos á NES
Cando temos tan
fresco do 25 aniversario de Super Mario,
outra grande franquÃa de Nintendo supera a mesma barreira de idade, pois foi un 21 de febreiro de
1986 cando chegou o xogo The Legend of
Zelda á NES, para converterse nun clásico que leva anos adaptándose ás
distintas consolas de Nintendo tanto domésticas coma portátiles.
Nestes 5 lustros cada plataforma de consolas de Nintendo contou con, coma
mÃnimo, unha entrega desta saga que poderÃa rivalizar coa de Super Mario, destacando tamén pola súa
excelente calidade, e que este mesmo ano vai contar con entregas para a
Nintendo 3DS (cun remake de The Legend of Zelda: Ocarina of Time,
considerado coma un dos mellores xogos da historia) e para Wii (que con Skyward Sword busca tirar proveito dos controis
da Wii dun xeito intensivo e non coma unha mera curiosidade coma fixeran no The Twilight Princess).
- Cartucho do Zelda para NES
- A Nintendo 3DS contará cun remake do clásico Ocarina of Time
- Este ano chegará un novo Zelda para Wii