The Last of Us para PC está a ter un lanzamento desastroso
mércores, 29 de marzo do 2023
O éxito da serie
de televisión de The Last of Us provocou que a adaptación do seu xogo
orixinal a PC tivese unha expectación moi grande, e aÃnda que o seu
lanzamento se adiara do 3 ao 28 de marzo para pulir o resultado, semella
que o tempo adicional non foi dabondo, porque en Steam
podemos ver como o tÃtulo atesoura o dobre de crÃticas negativas que positivas,
no que algúns comparan coa desfeita do lanzamento de Cyberpunk 2077.
Cómpre salientar que as valoracións positivas do xogo tamén inclúen na súa
meirande parte comentarios negativos no que respecta ao seu apartado técnico,
ou sexa, que moitos usuarios realmente votaron positivamente porque gústalles o
xogo e confÃan en que en poucas semanas poidan arranxar as súas serias
deficiencias. Outros usuarios non foron tan benévolos e xa recibiron o
reembolso pola súa compra, deixando claro que estamos ante un xogo ao que lle faltan
varias semanas de desenvolvemento para poder considerarse rematado.
Entre os usuarios que critican o apartado técnico de The Last of Us para
PC hai posuidores de equipos moi potentes, capaces de correr xogos semellantes
coas gráficos en nivel alto, pero que con este tÃtulo teñen que aturar fallos
constantes e ter que aturar grandes esperas para que se procesen os sombreados,
no que parece simplemente unha falta de optimización. Tamén hai usuarios que
apuntan a que o xogo deixa de funcionar constantemente ou non chega nin a executarse
(especialmente en equipos pouco potentes), pero o que está claro é que hai
unanimidade en que estamos ante un xogo defectuoso, polo que dende Naughty
Dog xa tiveron que saÃr a dar a cara, asegurando que están
a investigar os fallos atopados polos usuarios.
Resulta realmente inconcibible que despois do que aconteceu con Cyberpunk
2077 un estudio tan reputado como Naughty Dog cometa unha neglixencia tan
grave cun tÃtulo tan agardado, pois resulta evidente que os defectos do produto
poden verse á primeira, e cando decidiron adiar o xogo tiñan que ter sido máis
prudentes e dar marxe dabondo para poder completar o seu traballo, en vez de
prexudicar a súa reputación e reducir a confianza dos xogadores de PC de cara a
lanzamentos futuros.