The Last of Us incluirá extras para quen o reserve
luns, 10 de decembro do 2012
A celebración
do acto de entrega dos VGA 2012 serviu para dar a coñecer un novo trailer do
agardado The Last of Us, tÃtulo de Naughty
Dog que están a agardar con inquedanza os seareiros da saga de Uncharted por ser un claro herdeiro do
seu espÃrito e do que finalmente xa sabemos a súa data de lanzamento en Europa,
que será o 7 de maio de 2013.
O novo vÃdeo do xogo serve de adianto do que ofrecerá este aventura que poderá
reservarse en distintos lotes que inclúen contidos adicionais. Deste xeito,
o Pack Sight and Sounds incluirá a
banda sonora do xogo, un tema dinámico para PS3 co deseño da cuberta de The Last of Us e un par de avatares para
o perfil de PSN; o Pack Survival opta
pola súa banda por incluÃr bonificación de puntos de experiencia para o modo
multixogador, un potenciador de ataque corpo a corpo para o modo multixogador,
cartos extra in-game, elementos
especiais para personalizar personaxes no modo multixogador e un par de skins para personalizar aos
protagonistas do xogo unha vez superado o seu modo campaña.
Sorprende que neste último lote falen dun modo multixogador do que non se sabÃa
nada, pero dende Sony aseguran iremos escoitando máis sorpresas sobre The Last of Us durante os vindeiros
meses.
Novo trailer de The Last of Us presentado durante os VGA 2012
- O Pack Sight and Sound inclúe un tema dinámico