The King of Fighters volve por partida dobre en 2009
mércores, 3 de decembro do 2008
- A mellora gráfica do The King of Fighters XII é considerable
Coa chegada de Super Street Fighter II Turbo HD Remix
ao Bazar de Xbox LIVE parece que volve a moda dos xogos de loita en 2D, e outra
das grandes franquicias do xénero, King
of Fighters tamén prepara a súa volta, de xeito que en 2009 poderemos ver
en salóns recreativos, PlayStation 3 e Xbox 360 o xogo The
King of Fighters XII que promete por o nivel altÃsimo,
converténdose no referente dentro deste tipo de xogos e destacando pola súa
diversidade de loitadores.
O xogo se estrearÃa nos recreativos na primavera, e logo chegarÃa a versión
para consolas, presentando todas estas entregas uns gráficos de alta definición
moi coidados, e baseados en debuxos feitos a man, polo que o seu
nivel de detalle non terá precedente nesta franquicia que non quedará aquÃ,
senón que tamén se achegará á PlayStation 2, consola que aÃnda mantén unha boa
saúde, e para a que sairá no Xapón o xogo The
King of Fighters 2002 Unlimited Match no mes de febreiro a 5.040
iens (uns 42,52 euros), que non suporá unha gran evolución coma o The King of Fighters XII, pero poderá
achegar moita diversión grazas aos seus 66 loitadores seleccionables (aos que
se engade un personaxe inédito) e melloras nos seus menús e nas súas escenas de
vitoria.
- The King of Fighters 2002 Unlimited Match permitirá elixir entre 66 loitadores