The King of Fighters 2000 estrea versión para Xbox One

xoves, 21 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O clásico xogo de loita de SNK The King of Fighters 2000 chega hoxe a Xbox One a un prezo de 6,99 euros, de xeito que grande título que arrasara nos salóns recreativos no seu día, e que espérase que chegue tamén en breve á PlayStation Store (de feito, xa está dispoñible na tenda dixital de PlayStation no Xapón). O que si resulta curioso é que o xogo que se estrea hoxe en Nintendo Switch no Xapón está dispoñible en España dende o pasado mes de agosto.
Este título chega dentro da serie ACA NEOGEO, ou sexa, que reproduce fielmente o xogo orixinal, de xeito que poderemos rememorar a experiencia de xogo da máquina recreativa, pero dende a comodidade do fogar, podendo tamén mudar distintas opcións de configuración, incluíndo a dificultade ou o aspecto visual.
O xogo permite multixogador local, mentres que as súas funcións en liña limítanse ao taboleiro coas puntuacións máis altas.

PUBLICIDADE