The Humble Bundle estrea 5 xogos para Android no seu último paquete solidario

martes, 20 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito do The Humble Bundle coa súa achega a Android, os organizadores desta iniciativa solidaria queren repetir a experiencia, e presentan o The Humble Bundle for Android 2, que achega 5 xogos independentes para Windows, Mac OS X e Linux que nunca antes estiveran dispoñibles para Android, e que agora poden gozarse nas 4 plataformas polo prezo que decida o usuario, pasando a parar parte deses cartos a organizacións como Fronteiras Electrónicas e Child’s Play.
Os xogos que forman parte deste paquete son Zen Bound 2, Canabalt, Cogs e Avadon: The Black Fortress (este último, só para tablets), mentres que os usuarios que paguen máis da media tamén poderán facerse co xogo de estratexia con desprazamento horizontal Swords & Soldiers. Estes títulos chegan sen ningún tipo de protección DRM, para comodidade e liberdade para o usuario, que tanto fixa o que paga por eles como o cando e onde os instala.


Vídeo promocional do novo Humble Bundle

PUBLICIDADE