The Evil Within estrea secuela co gallo do venres 13

venres, 13 de outubro do 2017 Marcus Fernández

No ano 2014 chegou a consolas da anterior e da presente xeración o survival horror en terceira persoa The Evil Within, traballo de Tango Gameworks que contou na súa dirección co célebre Shinji Mikami (un dos pais de Resient Evil e Dino Crisis), o que contribuíu á súa boa acollida, de aí que non sorprenda que agora chegue a súa secuela, The Evil Within 2, que aproveitou a simbólica data de hoxe (venres 13) para estrearse para Xbox One, PlayStation 4 e PC, a un prezo de 69,99 euros para consola e 59,99 euros para ordenadores persoais.
O xogo lévanos a seguir ao detective Sebastián Castellanos, quen tras perdelo todo ten a oportunidade de salvar á súa filla se descende ao mundo de pesadelo de STEM, onde xurdirán ameazas en cada recuncho, mentres todos se retorce ao seu redor. Teremos unha historia de redención, con lugares arrepiantes, inimigos aterradores, horror, suspense e a posibilidade de decidir como sobrevivir empregando trampas, sixilo e munición moi limitada (característica propia deste xénero, que procura fuxir da acción pura dun mata-mata).

No xogo haberá que enfrontarse a inimigos arrepiantes

Terrorífico tráiler do xogo

PUBLICIDADE