The Elder Scrolls Online para consolas prescindirá de subscricións de pagamento

mércores, 21 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro 9 de xuño chegará a PlayStation 4 e Xbox One o xogo The Elder Scrolls Online: Tamriel Unlimited, que non só suporá o desembarco de The Elder Scrolls Online nas consolas da actual xeración incluíndo todas as actualizacións que foi recibindo o xogo durante o último ano na súa versión para PC, senón que tamén suporá un grande cambio neste título, xa que eliminará a necesidade de pagar unha subscrición mensual para poder gozar do xogo.
Para poder gozar axeitadamente do xogo en consola tamén se adaptou convenientemente a súa interface de usuario, conseguindo unha experiencia “máis auténtica” que a de anteriores xogos da franquía na súa versión de consola.
O xogo tamén estreará novos sistemas Champion (un sistema de progresión totalmente novo para os personaxe de nivel máximo) e Justice (que permite roubar, asasinar e responder ante a Xustiza no caso de ser atrapado) e contará coa posibilidade de subscribir un servizo de afiliación premium para recibir de balde os paquetes de contidos descargables que vaian saíndo para o xogo, bonificacións de experiencia, ouro e artesanía e unha asignación mensual de Coroas para mercar obxectos na Crown Store.


Trailer cinemático do xogo

PUBLICIDADE