The Conduit fracasa nos EE.UU.
martes, 21 de xullo do 2009
O
lanzamento dos xogos MadWorld e House of the Dead: Overkill para Wii foi
un auténtico desastre nos EE.UU., vendendo só 66.000 e 45.000
unidades nos seus primeiros meses, dando a entender que os títulos para un
público adulto non tiñan espazo na consola doméstica de Nintendo, e agora The Conduit, que prometía ser un título
de Wii apto para hardcore gamers e
que vén acompañado de moita expectación, confirmou as sospeitas, e en
preto dun mes non chegou ás 72.000 copias nun país no que hai preto
de 24 millóns de unidades da Wii nos fogares.
Á vista destes datos parece difícil que moitos estudos se animen a lanzar
títulos deste tipo para Wii no futuro, e incluso parece que pasa o mesmo tamén
coa Nintendo DS, de xeito que o GTA:
Chinatown Wars está a portarse á PSP para compensar as reducidas vendas
para a portátil de Nintendo.
Que as consolas de Nintendo apostan por un público casual, ou nun sentido máis
amplo, a un público familiar parece
agora difícil de negar, e a violencia nestas consolas non precisa de censura de
ningún tipo, senón que é o propio mercado quen castiga os contidos para maiores
de idade.