The Border Lands: un falso xogo retro vÃa web
xoves, 23 de agosto do 2012- The Border Lands pode xogarse de balde vÃa web
Para ir creando expectación de cara ao lanzamento do xogo Borderlands 2 o vindeiro 21 de setembro,
dende Gearbox Software quixeron dar a nota publicando un xogo web de balde chamado The Border Lands, que serÃa algo asÃ
como unha versión do primeiro xogo da saga se este tivese saÃdo ao mercado en
1989 para unha plataforma de xogos de 16 bits, ou sexa, unha especie de falso
xogo retro que pese á súa
simplicidade resulta moi divertido.
Neste pequeno xogo podemos elixir entre 4 protagonistas (Salvador, Maya, Zero e
Axton) que deberán derrotar a numerosos inimigos que van invadindo cada un dos
escenarios nos que transcorre, e que de seguro encantará ao nostálxicos dos
xogos de finais dos anos 80.