The Binding of Isaac supera o millón de unidades vendidas
mércores, 18 de xullo do 2012- O xogo é unha especie de roguelike con numerosos alxubes xerados aleatoriamente
The
Binding of Isaac (O Sacrificio de Isaac) é un
xogo independente para PC que saÃu á venda a finais de setembro do ano pasado,
conseguindo bastante boa aceptación entre crÃtica e público pola súa orixinal
mestura de shooter de rol e acción
xerado aleatoriamente (polo que é un tanto roguelike)
que parte dun argumento un tanto macabro (tomamos o papel de Isaac, cativo que
ten que fuxir da súa nai, quen escoitou a voz de Deus pedÃndolle un sacrificio
para demostrar a súa fe).
No xogo Isaac deberá moverse por multitude de alxubes nos que enfrontarse a tolos
inimigos, irmáns e irmás perdidos, medos e, finalmente, á súa propia nai. Conta
con máis de 100 obxectos únicos, máis de 50 tipos de inimigos, máis de 20
xefes, 4 capÃtulos completos con 8 niveis cada un, máis de 3 clases
desbloqueables e múltiples finais. Unha auténtica xoia que pese a afastarse do tradicional vén
de superar o millón de copias vendidas, o que é unha moi boa marca para un
tÃtulo independente para PC ideado por só 2 persoas (Edmund McMillen e Florian
Himsl) e 1 compositor (Danny Baranowsky).
- Este tÃtulo independente, pese a ser obra dun grupo reducido de persoas, conseguiu chegar ao millón de unidades vendidas