Texas Hold’em volve para celebrar os 10 anos da App Store

luns, 8 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Para celebrar o décimo aniversario da App Store decidiron recuperar un dos seus primeiros xogos, o Texas Hold’em de Apple, xogo creado orixinalmente para iPod e logo levado ao iPhone, que hoxe mesmo estrea versión 2.0, o que é toda unha sorpresa, xa que a súa anterior actualización, a 1.1, data do 31 de agosto de 2008.
Este novo Texas Hold’em presenta un deseño renovado, novos personaxes, gráficos espectaculares e un xogo máis desafiante, manténdose de balde, polo que é todo un imprescindible para os amantes deste tipo de xogo de naipes. No xogo os contrincantes apostas e teñen xestos secretos, inclúe 10 escenarios emblemáticos (como Las Vegas, París ou Macao), ten modo multi-xogador en liña para até 24 xogadores, permite enfrontarse con até 8 amigos por Wi-Fi no modo multi-xogador e tamén deixa conmutar entre unha vista da mesa dende arriba ou unha inmersiva vista en primeira persoa.

O xogo volve cuns gráficos renovados á altura dos dispositivos móbiles actuais.

PUBLICIDADE